09 junio 2012

Pola Terra, Ferrolterra e as suas xentes.

Fisherman

Encuadre

Untitled

Brown Horse

Praia De Campelo

Polo Naval en Ferrolterra



Este Domingo 10 de Xuño de 2012, ás 12 do mediodía desde o Inferniño, vai ter lugar unha grande Manifestación Comarcal en apoio á loita das traballadoras e traballadores do sector naval ferrolán polo seu futuro.

Os sindicatos con representación no sector naval de Ferrol, tanto das empresas auxiliares como da principal (CCOO, UGT, CIG e USTG) convocaron unha mobilización cidadá na que se esixirá aos gobernos dereitistas do PP, tanto ao do, polo de agora, Reino de España e o da Xunta de Galicia que cumpran os seus compromisos de carga de traballo.

As traballadoras e traballadores do naval están fartos de promesas e acordos incumpridos un tras outro. Foron moitas as veces que se alertaron do previsíbel descenso de carga de traballo nos Estaleiros da Ría. Desde Abril do pasado ano, as advertencias foron reiteradas. Pasou un ano sen resultados, nin respostas. Os concellos da comarca e mesmo o Parlamento Galego ten varios pronunciamentos e declaración en defensa do sector naval galego, máis o PP apoiaba unha cousa aquí e outra en Madrid, mesmo o deputados galegos dese partido dereitista. Outra das esixencias é o da construción do dique flotante para reparacións que suporía unha importante carga de traballo para os próximos meses.

Unha nova mobilización terá lugar, antes, está previsto que sexa o vindeiro xoves 7 de Xuño.

O día 20 de xuño, CCOO e UGT, convocarán unha manifestación en Ferrol, coincidindo con outras moitas a nivel estatal.

O día 28 de Xuño, a CIG convocou unha Xornada de Loita que consistirá nun paro parcial de varias horas, marchas desde os polígonos industriais e comerciais, de Vilar do Colo en Fene, pasando por Navantia, desde Río do Pozo, en Narón, pasando por Catabois e A Gándara, para rematar nunha grande Manifestación ás 12:30 horas.


Fonte: Artabra 21



1 comentario:

Fran dijo...

Esto cada dia esta peor. Ojala se solucione, pero pinta mal...
Saludos!