02 febrero 2012

Vinte de Maio do 2007 (Primeiras fotos coa Réflex na auga, Xaneiro 2012)

O primeiro boas a todo o mundo, Nordés - fotos de Deslizamento pretende ser un lugar onde mostrar as miñas fotografías do mundo do deslizamento, bodyboard, surf, longboard...recentemente adquirín unha carcasa acuática para miña cámara dixital e experimentando van saíndo algunhas fotos bastante curiosas...tratarei de poñer as datas e os nomes de aquelas persoas que coñezo da praia...por último dicir que as praias protagonistas son as perteñecentes a comarca de Ferrolterra...adxuntarei tamén algunha perspectiva de esta a nosa costa Artabrá, onde peta o Nordés...Entrada do blog a 20 de Maio do 2007; xa choveu.

Con estas palabras comecei no blog xa fai uns cantos anos; nese momento cunha compacta Olympus de 7 mp e unha carcasa de xoguete...A cámara é simbólica nesta afición que é a fotografía; salvando diferencias para a maioría de nós é a nosa válvula de escape; da o mesmo o que fotografíes, hai un montón de cousas o teu redor que se poden "pintar con luz" ; no meu caso é unha forma de expresión e un atallo para non separarme por moito tempo do mar, sentír e comunicarme...alguén quen admiro díxome que a miña fotografía é de máximos e mínimos, monotemática tamén, se non te gusta a praia non te pases por aquí...se non mostras educación tampouco...

Uns anos despois e con moito por configurar e estudiar coa carcasa fixen as miñas primeiras fotos coa réflex na auga. 
Como en outras ocasións xuntáronse os factores e houbo,para ser a primeira vez, con todo o equipo momentos moi bos...xa fai 5 anos que comparto con vosoutr@s as miñas fotografías, agora un pouco máis racheado xa que estamos plenamente metidos no tema do video...

First time in water

Freedom 

Wave&Noise: Retro

Por certo,  a fotografía é un xogo, pasádeo ben.
Boas Ondas
Vamos

No hay comentarios: